Breogán é o nome dun mítico rei galaico que gobernaría sobre a maior parte do territorio da actual de Galicia, desde a cidade de Brigantia, que algúns historiadores identifican coa Coruña e outros con Betanzos.
A orixe trátase dun personaxe que aparece nas tradicións lendarias irlandesas recollidas nunha compilación do século XI, o Lebor Gabála Érenn (Libro das conquistas irlandesas) que narra as diversas invasións que sufriría a illa e constitúe o máis antigo testemuño escrito da mitoloxía celta.
Conta a historia que Breogán era un poderoso rei da estirpe dos celtas que gobernaba en Brigantia situada no noroeste da península ibérica , en cuxa costa fixo construír unha torre ou faro que levaba o seu nome.
Nunha das historias narradas nos manuscritos o fillo de Breogán, ith, nunha tarde de outono subiu ao alto da Torre e desde alí creu albiscar unha distante beira verde (Irlanda).
Ith organizou unha expedición con obxecto de chegar a esta terra, onde acabaría sendo asasinado por reis locais
Despois de que Breogán despedise con tristeza, como todo o seu pobo, ao seu fillo Ith, tras realizar os tradicionais ritos funerarios. Breogán prometeu vinganza, e decidiu entón invadir Erin, esta vez levando trinta e catro barcos, un por cada xefe brigante, levando cada un soldados e mesmo mulleres e nenos para establecerse alí. E así conquistaron irlanda.
